A Deputación comunica que foi quen de pagar en sete horas as primeiras 100 axudas á hostalería e ás axencias de viaxes

05 Maio 2021

A Deputación da Coruña vén de destacar o importante esforzo despregado para axilizar os pagos das axudas aos negocios de hostalería e axencias de viaxes que dende os concellos se acolleron ao plan Reactiva 2. Segundo fai saber, os pagamentos do primeiro centenar de axudas fixéronse nun prazo de sete horas. Trátase dunha importante liña de apoios destinados a autónomos e microempresas dos ditos sectores e emprazadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.

Segundo explicou a entidade que preside Valentín González, “apenas sete horas despois da apertura oficial do prazo de solicitudes, que comezou este luns 3 de maio ás 8.00 da mañá, un total de 712 pequenas empresas destes sectores solicitaran acollerse a este plan, das que 100 foron xa aboadas nas contas bancarias dos solicitantes ou están en trámite de pago, nun esforzo sen precedentes por parte dos diferentes servizos da Deputación da Coruña”.

E engadiu: “O noso obxectivo foi crear un sistema o máis áxil e eficaz posíbel, simplificando ao máximo a tramitación administrativa e xestionado todo o proceso directamente desde a propia Deputación”. Segundo estimou, estes apoios (que veñen cun orzamento total de 9 millóns de euros) chegarán a uns 6.000 pequenos negocios da provincia.

As axudas desta nova liña do programa Reactiva específica para hostalaría e axencias de viaxes teñen unha contía fixa de 1.500 euros por persoa ou entidade beneficiaria e concédense por orde de entrada da solicitude ata o esgotamento do crédito. Isto súmase aos 15,5 millóns de euros concedidos na primeira edición do programa Reactiva, impulsado pola Deputación en colaboración cos concellos coruñeses e destinado a autónomos e microempresas de todos os sectores afectados pola pandemia na provincia coruñesa.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.