A Deputación ofrecerá no que queda de ano máis de 1.400 espectáculos en todos os concellos

05 Maio 2021

A Rede Cultural da Deputación ofrece este ano 1.409 espectáculos en todos os concellos da Coruña. O deputado Xurxo Couto deu a coñecer os detalles do programa, destacando a que a Rede foi quen de “manter o nivel de contratación mesmo nos momentos máis difíciles da cultura ao vivo”. Tamén salientou o seu potencial para converterse, agora, “nunha ferramenta de recuperación”. O circuíto artístico move un total de 2.617.391 € euros dos que 1.551.240 € se corresponden á achega da área de Cultura da Deputación da Coruña.

Teatro, música, danza, maxia ou cine son algunhas das propostas da Rede Cultural da Deputación da Coruña que programará nos concellos da provincia un total de 1.409 espectáculos. Serán, por modalidades, 198 películas do programa Visións; 173 actuacións da modalidade Lingua a escena destinada á promoción do galego a través da cultura; 112 propostas de cultura non profesional e, o groso do programa, un total de 926 actuacións de artistas e compañías profesionais das que 524 son obras teatrais, 299 concertos musicais, 65 espectáculos de maxia e 38 de danza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.