Un balandro histórico percorre as rías galegas para reivindicar os Camiños de Santiago marítimos

01 Maio 2021

O histórico balandro Joaquín Vieta percorreu hoxe as rías de Arousa e Muros-Noia no marco do proxecto Traslatio: o patrimonio marítimo dos camiños do mar a Santiago que se está impulsando desde o programa “O Teu Xacobeo” e que conta cun orzamento autonómico de preto de 17.000 euros.

Balandro Joaquín Vieta

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañou aos impulsores do proxecto nun acto no Porto do Freixo no que destacou a necesidade de coñecer este patrimonio marítimo do litoral galego, “porque o que non se coñece non se pode defender nin promocionar adecuadamente”. “Promover o coñecemento e conservación destes recursos diferenciadores é un fito fundamental para seguir avanzando na creación dun destino cultural, capaz de actuar como foco de atracción e de impulsar a moitos concellos desta zona”, asegurou.
O obxectivo do proxecto é a elaboración dun documento que recolla tanto a información como as conclusións ás que chegue unha equipa que, liderada por un experto en patrimonio marítimo, trata de identificar e analizar todos os vestixios construídos da industria tradicional dos oficios de mar nos concellos de Outes, Noia, Porto do Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Dodro.
O proxecto inclúe ademais outras actividades para a promoción deste patrimonio a través da elaboración dunha peza documental coas imaxes recollidas nesta xornada de traballo de campo así como unha xornada de relatorios arredor deste patrimonio marítimo que podemos atopar no litoral destas rías como serradoiros, muíños, conserveiras, fábricas de salgadura ou carpintarías de ribeira, estas últimas declaradas Ben de Interese Cultural, e das que saíron, entre outras moitos barcos, xoias como o Joaquín Vieta.

Outros artigos

Un home resultou ferido logo de recibir un couce dun cabalo en Noia

Sucedeu en Noia, nunha finca situada en Argote, en Barro, no concello coruñés de Noia. Un familiar contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Un particular contactou, ao fío das 13:00 horas, co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para o seu pai, que estaba...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...