Boiro media para evitar o peche da oficina de Abanca en Escarabote

30 Abril 2021

A única sucursal bancaria que hai en Escarabote pode pechar despois de que se comunicou aos clientes a intención da entidade e os veciños da localidade xa empezaron a mobilizarse para mostrar o seu malestar.

O executivo boirense trata de evitar que os residentes no núcleo queden sen os servizos da oficina. Desde o consistorio xa se realizou unha solicitude formal á entidade financeira para demandar que manteñan activas as súas instalacións, e a próxima semana está prevista unha reunión para tratar este asunto.

Fontes municipais destacaron que Escarabote é un dos núcleos con máis poboación do municipio boirense e comparte cos veciños que a decisión de pechar a oficina de Abanca na localidade ocasiona un importante prexuízo aos clientes da entidade ao verse privados dos servizos que presta a sucursal para a realización de xestións cotiás.

O pasado día 21, o Concello trasladou a Abanca o malestar existente en Boiro por esta situación e o alcalde reiterará a próxima semana na reunión que ten previsto manter co máximo representante da entidade bancaria na zona, o director territorial en Santiago, a necesidade de mantela oficina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.