O Concello de Ribeira recuperará a titularidade da parcela das Saíñas onde estaba proxectado facer a nova residencia

27 Outubro 2026
Pleno de Ribeira nunha imaxe de arquivo

A Corporación Municipal de Ribeira celebrou na tarde do luns 26 o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro de 2026, no que se aprobou con 14 votos a favor(PP, PBBI e 1 non adscrito), 1 en contra (PSdeG-PSOE) e 6 abstencións (BNG e 1 non adscrito) iniciar o expediente de reversión da titularidade municipal da finca das Saíñas cedida no seu día á Consellería de Política Social para, inicialmente, albergar a futura residencia de maiores; un edificio que, finalmente materializarase nunha parcela de San Roque.

“O terreo das Saíñas volverá ser propiedade do Concello de Ribeira despois de que no seu día fose cedido á Xunta para o proxecto do novo modelo residencial”, sinalou a alcaldesa María Sampedro, engadindo que “ao ir este para outra localización, iníciase este expediente para revertelo a titularidade municipal e avaliar, respectando a normativa, as opcións que esta parcela nos ofrece para beneficio da cidadanía ribeirense”. A rexedora avogou polo “traballo conxunto de tódolos grupos municipais porque o que queren os veciños é unha residencia de maiores”.

En materia de infraestruturas, tamén se debateu a solicitude de concesión administrativa para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre na fábrica de Cerqueira; un paso máis cara a consecución do proxecto de revitalización do barrio de Bandourrío mediante a execución da PAI-EDIL. A rexedora dixo que “se ben o Concello adquiriu en marzo de 2026 a parte privada da nave, hai tamén unha parte pública, de aí a motivación deste punto na orde do día que tivo o respaldo unánime da Corporación”.

Así mesmo, o Goberno municipal levou á sesión unha proposta para a prevención do acoso escolar, así como o compromiso co benestar emocional da infancia e a adolescencia que recolle, entre outros aspectos, incorporar á Mesa de Infancia e Adolescencia unha liña específica de traballo sobre acoso, convivencia e benestar emocional; promover, en colaboración cos centros educativos e as ANPAs, charlas e actividades de prevención; desenvolver accións de sensibilización sobre saúde mental e prevención de condutas suicidas; aproveitar a andaina pola saúde mental para reforzar a sensibilización e participación da cidadanía neste ámbito; e realizar anualmente, a través da Mesa da Infancia e Adolescencia, unha valoración das actuacións impulsadas e das necesidades detectadas.

A todo o exposto, o BNG presentou unha serie de emendas de substitución a varios puntos -aprobadas ambas por unanimidade-, polo que a proposta saíu adiante.

Tamén se puxo sobre a mesa -aprobada por unanimidade- a adhesión da Administración local ribeirense á Rede de Concellos Contra o Cancro, promovida pola Asociación Española Contra o Cancro, a través da Xunta Provincial da Coruña, coa colaboración da Deputación; unha iniciativa que se artella arredor de tres liñas de actuación: promoción da saúde; atención a pacientes e familias; participación social e voluntariado.

Outro dos asuntos a tratar foi a dación de conta da avaliación do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Homes e Mulleres. Este terceiro Plan consta de 80 medidas e servirá de base cara o traballo no cuarto para avanzar en materia de igualdade.

Sobre o transporte público versou a proposición do BNG, para dar solución a problemas detectados nas liñas escolares no inicio do actual curso, así como os desprazamentos regulares que atinxe ao municipio. Tamén contemplaba a subrogación de todo o persoal afectado, a creación dun servizo directo de autobús que conectase Ribeira coa estación de ferrocarril de Catoira, ademais da apertura do apeadoiro nun horario amplo. Ante isto, o Executivo local presentou
unha emenda de substitución á totalidade mediante a cal acórdase “continuar con xestións de mellora das incidencias xurdidas no transporte público coa Xunta de Galicia e cos centros públicos afectados para a busca de solucións; explorar alternativas de rutas coa Administración autonómica para dar solucións ás demandas propostas; e seguir coas xestións iniciadas polo actual Goberno para abrir o apeadoiro de autobuses”. A dita proposición emendada
saíu adiante por unanimidade.

Por parte do PSdeG-PSOE, abordouse a publicación dun calendario de limpeza na axenda da web municipal; sobre a que o Goberno municipal presentou tamén unha emenda de substitución -aprobada por unanimidade- encamiñada a que, dentro das actuacións de mellora e modernización da web municipal, incluirase a información que regulamentariamente debe ofrecer en aras á transparencia e bo goberno.

O resto de puntos da orde do día non se puideron abordar ao concluír a xornada na que estaba convocada a sesión plenaria.

Outros artigos

Padrón estrea o Outono Cultural 2026

O Concello de Padrón presenta unha nova edición do Outono Cultural, que entre o 7 de novembro e o 12 de decembro ofrecerá unha ampla programación de teatro, música e humor para todos os públicos. A primeira cita terá un carácter especial, coa entrega do XXV Premio de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.