Boiro prepara a reactivación do mercado ecolóxico e de produtos de proximidade

30 Abril 2021


O Concello de Boiro vén de anunciar que está a traballar na reactivación do mercado ecolóxico no municipio que se viña realizando de xeito puntual na praza da Terceira Idade. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, mantiveron onte unha reunión con algúns dos comerciantes e artesán que teñen
interese en formar parte da iniciativa.


Deste xeito, o Concello pretende potencia o mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade, dándolle unha continuidade e establecendo unhas datas concretas cada mes para a celebración desta feira. “Neste momento máis que nunca é importante apostar pola compra de produtos locais, por iso poñemos en marcha a celebración deste mercado”, afirmou Marcos Fajardo.
A data prevista para a volta do mercado é o mes de xuño, algo no que xa están a traballar os comerciantes e a administración para que dous sábados mensuais se poida facer realidade. “Queremos darlle todas as facilidades aos comerciantes para que seestableza esta cita no municipio e que vaia collendo impulso e sirva como reclamo
para consumir en Boiro”, comentou o alcalde José Ramón Romero.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.