Accidentes en Boiro. Dúas persoas resultan feridas despois de envorcar co seu vehículo tras chocar contra a mediana da AG-11. Outro accidente en Bealo

25 Abril 2021

Dúas persoas resultaron feridas ao envorcar o vehículo que conducía despois de saírse da vía, cando circulaba pola AG-11, á altura de Cespón, dirección Ribeira, no concello coruñés de Boiro.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o vehículo, ao saírse da vía bateu contra a mediana da autovía e envorcou, deixando feridos, un deles de consideración, a ambos os dous ocupantes.

remitida

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia, ás 21:30 horas da pasada noite, para pedir axuda e, a partir de aí, os xestores de emerxencias informaron aos servizos sanitarios e aos Bombeiros de Boiro. Así mesmo, deron conta dos feitos, aos axentes de Tráfico e da Policía Local, aos efectivos de Protección Civil de Boiro e ao persoal do servizo de mantemento da vía.

As persoas foron evacuadas polos profesionais sanitarios ao Hospital do Barbanza.

remitida

Por otra banda unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro, interviu nun accidente no lugar de Landeiras, parroquia de Bealo no Concello de Boiro.

remitida

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.