En Boiro eliminados dous puntos de vertidos de augas residuais á ría

24 Abril 2021

A Xunta vén de eliminar dous puntos de vertidos de augas residuais a través do muro de contención á ría de Arousa, no concello de Boiro.
Os inspectores do Plan de Control de Vertidos, desenvolvido desde Augas de Galicia, localizaron estes focos contaminantes no marco das inspección rutineiras que veñen realizando en distintos concellos.
O persoal da Xunta identificou a orixe deste foco nas fisuras de dous pozos da rede de sumidoiros municipal.
A Xunta solicitoulle ao Concello a realización de actuacións para a emenda destes vertidos, quen procedeu á implantación dun tramo de colector novo.
Os técnicos de Augas de Galicia realizaron unha recente inspección na que corroboraron a corrección das deficiencias identificadas nos puntos.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.