A aula CeMIT de Boiro achega un setembro de formación TIC básica para a cidadanía

22 Agosto 2019

20190822 A aula CeMIT de Boiro, o espazo formativo de alfabetización e capacitación dixital emprazado na rúa Manuel María (no edificio do Centro Social), ten preparado un completo programa docente e dinamizador para este mes de setembro. Segundo informa o Concello, a aula achegará catro cursos para permitir á cidadanía introducirse nos usos básicos e nas principais vantaxes das ferramentas dixitais, complementándose o programa cunha actividade formativa sobre maquetación web.

O primeiro dos obradoiros, Maquetación web con HTML e CSS, celebrarase os días 2, 3, 4 e 5 de setembro en horario de 10 a 12 horas. O seguinte, Inicio á informática, está previsto para os días 11, 12 e 13 de setembro, en horario de mañá, tamén. O terceiro do mes, Inicio a Internet, celebrarase os días 16, 17, 18 e 19 de setembro, co mesmo horario cós anteriores obradoiros. O programa docente complétase con Inicio ao correo web, os días 24, 25 e 26 do mesmo mes, desta con volta con horario de 10 a 12.30 horas.

Para máis información sobre as actividades formativas cómpre acudir á aula CeMIT, escribir un correo ao enderezo axentetic@boiro.org ou chamar por teléfono ao 981 842 635.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.