O artista sonense Antón Romero participou na presentación do novo disco de Os Resentidos

23 Abril 2021

O pasado 14 de xaneiro subiuse ao Youtube un vídeo-clip, o novo vídeo musical da histórica banda galega Os Resentidos, que incluía deseños elaborados por un mozo de Porto do Son, Antón Romero, que, ademais, foi o ilustrador da cuberta do traballo musical que representa o regreso (tras anos de separación) do grupo á primeira liña da música en galego, o disco Organización Nautilus.

Este 21 de abril presentouse oficialmente este novo traballo e no transcurso do acto houbo palabras para louvar o importante traballo despregado por Antón, artista sonense de 14 anos con Trastorno do Espectro Autista que recreou coas súas ilustracións unha manchea de referencias á cidade de Vigo, algunhas actualmente visíbeis (como a ponte de Rande) e outras máis directamente ligadas á fantasía e á imaxinación (submarinos, barcos pirata ou animais mariños como baleas ou luras xigantes).

Na presentación participaron o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Por certo que o vídeo-clip en cuestión xa conta con case 4.000 reproducións en Youtube.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.