Mar achegará en Ribeira 90 novas prazas de amarre

22 Abril 2021

Este 21 de abril a conselleira do Mar estivo en Ribeira para, entre outras cousas, verificar o desenvolvemento das obras de reordenación interior da lámina de auga do peirao de Ribeira. Na localidade fixo saber que estes traballos “permitirán poñer a disposición do sector marítimo-pesqueiro local 90 prazas de amarre”. Tamén lembrou que os traballos contan cun investimento de 1,2 millóns de euros a través de Portos de Galicia. Noutra orde cousas, tamén fixo saber que haberá campaña de vacinación para mariñeiros, tal e como reflectimos onte dende O Barbanza.

A titular de Mar, que estivo acompañada pola presidenta do ente público, Susana Lenguas, explicou que as obras inclúen a ampliación dos peiraos flotantes de descarga para buques pesqueiros (terceira lista), dos das embarcacións auxiliares de acuicultura (cuarta lista) e das náutico-recreativas (sétima lista) así como o traslado do dique flotante e a instalación doutro para embarcacións institucionais.

Esta última infraestrutura xa está colocada, lembrou, engadindo que “conta con catro prazas de amarre para embarcacións institucionais como as do Servizo de Gardacostas de Galicia ou as de Salvamento Marítimo do Estado”.

Mentres, a ampliación do resto dos peiraos suporá a creación doutras 86 prazas de amarre, das que 75 se corresponderán con embarcacións pesqueiras, oito serán para auxiliares de acuicultura do sector bateeiro e tres para barcos de lecer.

Ademais da ampliación de prazas, o proxecto prevé a dotación de torres de subministración e iluminación aos pantaláns con sistema intelixente de control de consumos.

A maiores, engadiu, habilitaranse torres de subministración eléctrica de alta capacidade ao peirao situado fronte á lonxa vella e máis un sistema de control de accesos nos portalóns dos peiraos flotantes que funcionará a través do teléfono móbil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.