Quintana anuncia en Ribeira que haberá campaña de vacinación para mariñeiros

21 Abril 2021

A conselleira do Mar di que o Instituto Social da Mariña está “a ultimar as bases de datos” das tripulacións para comezar.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acaba de adiantar que o Instituto Social da Mariña ( ISM) está “a ultimar as bases de datos” das tripulacións da frota española para comezar “en breve” o demandado proceso de vacinación dos mariñeiros. Segundo explicou, a dirección xeral de Sanidade trasladoullo de novo ao Ministerio e “tanto a ministra como o resto das comunidades vírono con bos ollos”.

Segundo Quintana, o ISM encargarase da administración das doses, tal e como demandaban tanto desde a Xunta como desde o sector pesqueiro, a través da patronal Cepesca e da a federación nacional de confrarías ( FNCP).

“Propuxemos empezar polos mariñeiros de altura e gran altura e continuar coa baixura. Tamén se van a incluír os mariños que están en mercantes”, engadiu Quintana nunha rolda de prensa nunha visita a Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.