Boiro promove a creación de vivendas turísticas nos antigos baixos comerciais do casco urbano

21 Abril 2021


O Concello de Boiro pretende aportar dinamismo e dar impulso ao comercio e hostalería locais a través da adaptación de baixos comerciais e destinalos a vivendas de uso turístico, á vez que se recuperar zonas urbanas.
A proposta poderá saír adiante para aqueles locais que cumpran unha serie de requisitos, como son especificacións técnicas en canto altura ou superficie. Para iso, o Concello de Boiro dará resposta, a través do servizo de información municipal, a todas as dúbidas que as persoas interesadas presenten á hora de converter os locais en vivendas de uso turístico.
O obxectivo desta iniciativa é dar unha segunda vida aos antigos locais á vez que se mellora a imaxe das zonas urbanas, recuperando a estética das rúas, xerar postos de traballo ou reducir a presión económica sobre os pisos dedicados á venda ou aluguer.
Así, tódolos interesados en resolver algunha dúbida con respecto ao tema poderán facelo a través do servizo de consultas que vén de habilitar o Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...