O Concello de Boiro rende homenaxe ao Día do Libro cun vídeo e unha publicación

21 Abril 2021

O Concello de Boiro vén de organizar unha serie de actividades para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril. As Bibliotecas Municipais e as pertencentes aos diferentes centros do ensino do municipio participarán de forma activa nesta iniciativa.

A concelleira de Cultura, maría Outeiral, presentou esta mañá as actividades, entre as que se atopa a creación dun grupo de traballo formado po tódalas bibliotecas do municipio e escolas co fin de difundir a lectura. Os máis cativos serán os protagonistas e involucraranse en todas estas accións que se están a organizar.

O venres 23, que se festexa o Día do Libro, vaise presentar un vídeo que leva por título Boiro le e que está gravado coa colaboración do alumnado do concello. Tamén se vai levar a cabo a edición dunha publicación impresa cos microrrelatos que leven a palabra “libro”. Cada centro poderá enviar oito textos como máximo e poderán facelo ata o venres, para encher a publicación que se presentará ao remate do curso.

Ademais da Biblioteca Municipal de Boiro e a Axencia de Lectura de Escarabote, nesta iniciativa participan tamén as bibliotecas dos colexios públicos de Escarabote, Cespón, Abanqueiro, Praia Xardín, Santa María do Castro e Santa Baia, os institutos de educación secundaria A Cachada e Praia de Barraña e a Biblioteca Safo do IES Espiñeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...