Portosín estrease como escenario do Trofeo Fibralar de Motonáutica Inclusiva este fin de semana

21 Abril 2021

O Salón Principal do Real Club Náutico Portosín acolleu esta mañá a presentación do
Trofeo Fibralar de Motonáutica Inclusiva que terá como punto de arranque a vila
portosinense. O evento, que se incorporou esta tempada ao calendario de competición
da Real Federación Galega de Motonáutica, durará un total de sete meses e en
outubro desvelará ao campións galegos da modalidade.


O acto, presidido polo presidente da entidade portosinense, Jorge Arán, e por seu
Comodoro, Fernando González, serviu para presentar de inmediato o arranque do
Trofeo Fibralar nunha rolda de prensa á que asistiron tamén o concelleiro de deporte
de Porto do Son, Juan Francisco Pouso ou secretario da Real Federeación, Marcos
Caseleiro, entre outros. .“Isto axúdanos a seguir crecendo, nun evento que o próximo
sábado será banco de probas de novos pilotos e coa ilusión de organizar un circuíto
nacional no que somos pioneiros”, declarou Marcos Caseleiro.

O arranque está programado para as 10:30 horas da mañá, na que piloto e copiloto terán que enfrontarse a unha serie de probas de destrezas, nun circuíto marcado pola boias fondeadas desveladas en último momento. A entrega de premio está prevista para as 14:30 horas nas propias instalacións do Real Club Náutico Portosín.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...