O Concello de Porto do Son organiza a actividade Bailoterapia

16 Abril 2021

O Concello de Porto do Son organiza a actividade Bailoterapia, coa que pretende manter aos maiores activos. De feito, na iniciativa poden participar os pensionistas de máis de 55 anos e as persoas de a partir de 60.

A actividade comezará o luns 19 de abril e celebrarase en distintos espazos da localidade. O Polideportivo de Santa Irene en Porto do Son será o primeiro en recibila. Así, realizarase o luns ás 18:00 horas. O mércores impartirase en Xuño, no polideportivo do Colexio ás 18:30 horas. Por último, o xoves levarase a cabo na Casa da Cultura de San Pedro, tamén ás 18:30 horas.

Aqueles que precisen máis información poderán consultar a web do Concello ou chamar á Consellería de Benestar Social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.