Os socialistas de Ribeira reclaman unha posta en valor e unha meirande protección para a Pedra de Santiaguiño en Corrubedo

14 Abril 2021

O PSOE de Ribeira, a través do concelleiro portavoz José Manuel Vilas, vai presentar ao pleno da Corporación unha proposta relativa á pedra rupestre do Cantón en Corrubedo, tamén coñecida como Pedra do Santiaguiño, e a necesidade de poñela en valor, investigala e incrementar a súa conservación. En palabras do grupo “trátase dunha pedra moi singular, única”, que ten na súa base unha significativa inscrición, un petróglifo formado por una serpe, una pegada e unha espada.

Así, malia o seu valor e o seu interese, indica a agrupación socialista, “queda patente o desleixo do Goberno local á hora de conservar o petróglifo, máxime cando xa fora revelada a súa existencia polo PSdeG-PSOE durante as obras de pavimentación do camiño a depuradora de Corrubedo, e correra serio risco de desaparición”.

Na proposta o Grupo Municipal Socialista PSdeG-PSOE insta ao pleno da Corporación municipal de Ribeira á adopción do seguinte

-Que por parte do departamento de cultura, servizos técnicos e turísticos do Concello se proceda a realizar un estudio pormenorizado para a posta en valor do petróglifo da Pedra de Santiaguiño, xa que a zona onde se asentan estes importantes exemplos de arte rupestre “demandan traballos de limpeza e mantemento para asegurar a sua conservación”.

-Que se teña a ben incluír ou recomendar o lugar da Pedra do Santiaguiño no itinerario do Camiño de Santiago A Orixe, da Mancomunidade Arousa Norte.

-Que se proceda a súa sinalización e protección con elementos axeitados ao lugar e ao elemento a destacar, poñendo o foco na recuperación do conxunto histórico e patrimonial da contorna, así como a súa inclusión no Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ribeira, e no PXOM municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.