O alcalde de Boiro mantivo unha xuntanza co Conselleiro de Sanidade para traballar en conxunto

11 Abril 2021

O alcalde de Boiro, Ramón Romero, mantivo esta semana unha xuntanza co Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña. Foi a primeira xuntanza dende que o Conselleiro tomou posesión do cargo e nela trazáronse liñas de traballo conxunto entre as dúas administracións en materia de sanidade no municipio.
Na xuntanza o Alcalde expresoulle a súa preocupación polas situación derivada da Covid-19 e o aumento do número de contaxios. Sanidade vai realizar durante esta fin de semana un cribado masivo a unhas 4.000 persoas da franxa de idade comprendida entre os 30 e os 45 anos para detectar posibles casos asintomáticos e frear a expansión do virus.
Na xuntanza falouse tamén da vacinación prevista para os membros da Policía Local e Protección Civil de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, interesouse tamén polo estado das instalacións Sanitarias que hai no municipio
e as tarefas de mantemento e acondicionamento que requiren para mellorar as súas condicións.
O alcalde e o conselleiro de Sanidade acordaron manter os contactos para traballar en conxunto para atender as demandas e necesidades da veciñanza e ofrecer a mellor calidade asistencial posible, con especial interese na atención primaria que se presta no municipio.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.