A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro, entre as salas beneficiarias das axudas para a programación musical do Xacobeo 2021

11 Abril 2021

A Xunta de Galicia acaba de facer pública a adxudicación da convocatoria extraordinaria de subvencións a salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, a través da que contribuirá ao
desenvolvemento de máis de 400 concertos nos 28 espazos beneficiarios. A convocatoria, cun investimento de 560.000 euros e inserida no marco do Xacobeo 2021, responde á implicación do Plan de reactivación da cultura fronte á covid-19 co obxectivo de lle achegar liquidez a este tipo de espazos, tanto para aliviar os efectos económicos do seu peche por mor das restricións aplicadas durante a pandemia, como para retomar a súa actividade.
Con tal fin, destínanse 20.000 euros a cada unha das salas subvencionadas para o desenvolvemento dun mínimo de 15 actuacións ao vivo ata o 31 de outubro como parte da programación musical do Xacobeo 2021, ademais de para asumir os custos de persoal e mantemento dos locais.


Entre os espazos adxudicatarios está A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.