A escola infantil da Tomada estará totalmente operativa o curso vindeiro

20 Agosto 2019

20190820 O Goberno galego confirmou hoxe que a escola infantil do Polígono da Tomada comezará a funcionar a pleno rendemento o vindeiro curso escolar, o curso 2019-2020. A gardería, que foi impulsada tirando partido das axudas da Xunta para a creación deste tipo de centros en contornas laborais e empresariais (e estendido ás cooperativas agrarias e máis ás confrarías de pescadores), disporá de 41 prazas. O obxectivo: facilitar a conciliación e o día a día das nais e pais que leven a cabo a súa actividade laboral no polígono.

Xunto co da Pobra, tamén se vai poñer en marcha outra escola no Porriño, na área industrial da Granxa. Ademais, abriron as súas portas o curso pasado os centros escolares do polígono Río do Pozo, en Narón, con 61 prazas; e o do polígono de Mos, con 74.

A gardería da Tomada é a primeira das súas características da comarca do Barbanza. A encargada das obras foi a empresa Orinoco e contou cunha subvención de 200.000 euros da Consellería de Política Social, concedida á asociación de empresarios da contorna industrial pobrense para a edificación do inmóbel nun solo total de 2.000 metros cadrados. A asociación achegou os 50.000 euros restantes que foron precisos para completar o orzamento. A escola ten 250 metros cadrados de superficie e conta con tres aulas modulares. Prevese que a ocupación inicial será do 80%.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.