A Deputación da Coruña dota aos nosos concellos de axudas para financiar a normalización lingüística

31 Marzo 2021

Un total de 46 concellos (36 concellos e dúas mancomunidades municipais), entre os que se contan os de A Pobra, Boiro, Muros, Noia, Outes, Rianxo e Ribeira, contarán con persoal técnico especializado para a promoción do galego a través da liña de axudas da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. Nesta edición, o departamento que dirixe a deputada María Muíño destina un total de 515.000 € para financiar os servizos municipais.

Case a totalidade das solicitudes recibirán 15.000 € para a creación e mantemento dos servizos de normalización lingüística municipais nunha convocatoria que busca, en palabras da deputada María Muíño, “intensificar e profesionalizar o traballo desenvolvido polos concellos co fin de incrementar o uso e prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos e sectores dos municipios”.

Entre as funcións xerais e de dinamización dos servizos están asesorar a administración en materia de política lingüística, velar polo cumprimento da lexislación, fomentar o uso do galego na sociedade; planificar, xestionar, executar e avaliar accións favor da lingua, propoñer programas dinamizadores ou coordinar redes de traballo para o fomento do galego.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.