En Porto do Son, acondicionamento e limpeza integral de praias e accesos

30 Marzo 2021

Os operarios de Obras e Servizos coa colaboración de Protección Civil de Porto do Son e doutros colectivos están a levara a cabo estes días un importante de traballo de limpeza e acondicionamento nos areais do termo municipal e nos seus accesos. Entre os traballos máis recentes figuran os que se desenvolveron nas praias de Ornanda, A Aguieira e Seráns. 🌿

Asemade, limpáronse os areais máis próximos ao casco urbano de Porto do Son e a contorna da Igrexa de San Vicente de Noal.

A maiores destes traballos, o Concello deu impulso a diversas iniciativas para fomentar a revitalización do turismo, de xeito progresivo e seguro e coincidindo coas festividades de Semana Santa, por exemplo a reapertura das oficinas de turismo de Porto do Son, que están operativas estes días festivos; a colocación de baños na praia de Ornanda, que estarán dispoñíbeis en datas vindeiras, unha vez se dean pasos seguros na desescalada; a apertura do miradoiro do Caamaño; ou o exhaustivo labor de limpeza e posta a punto de accesos, beirarrúas, zonas de lecer e praias que desenvolven estes días os operarios municipais, Protección Civil e os membros da Ecobrigada da asociación inclusiva Amicos.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.