En Boiro interceptado nun control un condutor co carné retirado e unha orde de ingreso en prisión en vigor

25 Marzo 2021


O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela investigou a un condutor veciño de Boiro como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria tras ser interceptado en con control co carné retirado e cunha orde xudicial en vigor de procura e detención.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron cando efectivos realizaban un punto de control de alcol drogas e cumprimento das medidas sanitarias vixentes nunha estrada local do municipio coruñés de Lousame.

Alí, a Garda Civil observou a un turismo que se aproximaba ao devandito punto e procedeu a detelo para a comprobación da documentación do mesmo e do seu condutor, así como o cumprimento por parte deste das medidas sanitarias vixentes.

Tras cotexar a documentación do condutor coa base de datos dispoñibles, os gardas civís constataron que esta persoa carecía de permiso de condución por perdida de vixencia. Ademais, constáballe unha orde de procura, detención e ingreso en prisión ditada por un xulgado de Santiago de Compostela.

Por iso, a Garda Civil procedeu á detención deste condutor en cumprimento da orde xudicial e á súa investigación como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir a pesar de carecer da autorización administrativa por perda de vixencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.