Corenta ofertas presentadas á instalación dunha rede de pluviais no polígono de Xarás, en Ribeira

19 Agosto 2019

20190819. Un total de corenta empresas foron presentadas a unha nova actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na avenida Ramiro Carregal no ribeirense polígono industrial de Xarás. Dita intervención conta cun orzamento que ascende a 217.151 euros, IVE incluído.

A día de hoxe, esta área industrial dispón dunha rede deficitaria de pluviais que rexistra ocasionalmente avarías, circulando a auga de chuvia pola calzada en gran cantidade.

Co obxecto de evitar esta situación, proxéctase unha nova rede dispoñendo un colector por cada unha das marxes das rúas principais do polígono, a base de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro. Ademais, nos cruces de colectores situaranse pozos de rexistro e tamén se instalarán acometidas de pluviais aos inmobles.

O prazo de execución son tres meses e o proceso para adxudicar a obra está pendente de clasificación das ofertas.

Por outra banda, ao abeiro dunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, está prevista unha segunda actuación no polígono consistente na renovación do pavimento en beirarrúas e calzada dun tramo da avenida Ramiro Carregal. O seu custe ascende a 119.600 euros, IVE incluído.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.