A contacontos Raquel Queizás acudirá a Ribeira para conmemorar o Día Internacional da Narración Oral

19 Marzo 2021

O vindeiro sábado o Concello de Ribeira unirase á conmemoración do Día Internacional da Narración Oral cunha proposta para o público infantil e familiar que correrá a cargo da contacontos Raquel Queizás.
A actividade está dirixida para nenos e nenas a partir dos 3 anos, e terá lugar ás 12 do mediodía no Centro Cultural Lustres Rivas. Desta vez, a conmemoración conta cun manifesto elaborado por Fina Casaderrey, que fai alusión á maxia da narración oral, dende os tempos pasados ata o día de hoxe na nosa vida cotiá. “Contar é o acto de amor máis sublime que un ser humano pode realizar”, alude a escritora no seu manifesto.
Para asistir, tódalas persoas interesadas deberá formular a súa inscrición enviando un correo electrónico co nome e apelidos, teléfono e relación de conviventes a: normalización@ribeira.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.