O Concello de Boiro aproba a ampliación dos prazos para o pago do IBI

16 Marzo 2021

O Concello de Boiro acordou a ampliación dos prazos de períodos de pago voluntario do Impostos sobre Bens Inmóbeis, tanto rústico como urbano. Asi, pospóñense os pagos para aquelas persoas que o teñan fraccionado neste ano. A xunta de Goberno local aprobou tamén o Padrón Fiscal 2021, que estará exposto ao público durante un mes.

O prazo que se fixou como período voluntario para o ingreso, que estaba previsto entre os días 20 de marzo e 20 de maio, modificase e amplíase, quedando fixado para o 2021 entre o 22 de marzo e o 31 de agosto. No caso de ter concedido o fraccionamento, as datas de cargo das tres cotas para o 2021 van ser o 10 de xuño, o 9 de xullo e o 9 de agosto.

Os Padróns estarán expostos nas oficinas económicas municipais no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.