En Boiro o Concello mostra á rapazada como coidar as redes de saneamento

15 Marzo 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Medio Ambiente, impartiu charlas sobre educación ambiental nos centros de ensino do municipio. As xornadas celebráronse en varios centros de ensino, para alumnado de cursos comprendidos entre cuarto e sexto sobre a auga e a rede de saneamento.

Un técnico de educación ambiental do Concello de Boiro foi o responsábel do relatorio A auga e a rede de saneamento, no que explicou ao alumnado cales son as distintas fases do abastecemento de auga que compoñen o seu ciclo e describiu os problemas que se poden ocasionar ao mantemento das redes de servizo e saneamento.

O alumnado tivo oportunidade de coñecer como funciona a rede de saneamento con exemplos específicos do concello de Boiro e tamén ver exemplos, co obxectivo de concienciar e influenciar nos cativos uns bos hábitos á hora de coidar a rede de de augas.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.