A Pobra e Rianxo impulsan o obradoiro de emprego Co-Mutare

12 Marzo 2021

Baixo o nome de Co-Mutare, os municipios da Pobra do Caramiñal e Rianxo desenvolverán un obradoiro de emprego compartido, un proxecto que arrincará co fin de facilitar a inserción laboral da veciñanza combinando o traballo e a formación.

O obradoiro integrará a formación e empregabilidade, un mecanismo que facilita a cualificación laboral dos traballadores a través da obtención do correspondente certificado de profesionalidade do nivel 1. O proxecto permitirá ás persoas que máis difícil teñen o acceso ao mercado laboral, xa sexa por baixo nivel formativo ou outras circunstancias.

Co-Mutare implicará durante nove meses a inserción laboral das 20 persoas participantes. As especialidades que se van impartir son “Actividades Auxiliares en conservación e mellora de montes” e “Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais”. Así, o concello da Pobra levará a cabo a labor administrativa e as aulas teóricas transcorrerán en Rianxo, mentres que a práctica realizarase en ámbolos municipios.

A edil rianxeira da Promoción Económica, María del Carmen Figueira, enumerou os obxectivos principais das intervencións, que serán o coidado dos espazos naturais a través da repoboación, da roza e da eliminación de axentes causantes de pragas e especie invasoras. No caso da Pobra contarase coa colaboración das comunidades de montes de Lesón e Posmarcos, para levar a cabo as actuacións no miradoiro de Valle-Inclán e na súa contorna. Doutra banda, en Rianxo as accións focalizaranse en terreos municipais, sobre todo na zona do Barral.

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, salientou o positivo de que dous concellos se unan para face-la solicitude deste tipo de obradoiro, co fin de lograr un alto índice de inserción xa que hai empresas interesadas en perfís laborais similares aos impartidos no proxecto.

Pola súa parte, o rexedor da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, manifestou que “é necesario que haxa iniciativas deste estilo que poñan en valor tódolos recursos que temos no monte”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.