A Asociación de Empresarios de Ribeira, satisfeita cos resultados obtidos na Feira de Oportunidades do Pequeno Comercio

12 Marzo 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira fixo balance dunha das súas grandes actividades da tempada: a novena edición da Feira de oportunidades do pequeno comercio e últimas novidades en automoción, que se celebrou a pasada fin de semana (entre o 5 e o 7 de marzo) na praza do Concello, achegando relevantes descontos e promocións baixo as máis estritas medidas de seguridade sanitaria. O obxectivo: brindarlles aos establecementos de Ribeira unha oportunidade para coller impulso neste contexto de desescalada. Segundo fai saber a patronal, desta volta foron oito os comercios participantes e dúas florarías as que participaron, ás que se sumaron seis marcas de automoción con presenza en Ribeira mostrando en detalle os seus novos modelos.

Presentación da feira nos días previos á súa apertura

A asociación deste ano destaca que “este ano, por mor da pandemia de COVID-19, en lugar de concentrar o evento nunha única carpa, optouse por facer que cada establecemento participante ocupase unha carpa individual, con separación entre cada unha delas”. Tamén se contou no recinto cunha entrada e cunha saída independentes, con varios lugares de dispensación de xel desinfectante e cun servizo de seguridade que controlou o aforamento e máis o uso obrigatorio de máscara e de uso xel á entrada da feira.

Inauguración da feira na praza do Concello

“En xeral”, explica a asociación nun comunicado, “podemos dicir que aínda que a afluencia de xente non foi coma noutras edicións, os participantes quedaron contentos, xa que, aínda que non se pode comparar con anos anteriores, todos cumpriron as súas expectativas e esperan volver repetila para o ano”.

A asociación tamén comunicou que segue a traballar en novos proxectos para revitalizar o sector produtivo local, uns proxectos prolongando liñas de acción previas e ouros completamente novos. Estas iniciativas serán presentadas pola entidade empresarial ao longo dos vindeiros días.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...