En Ribeira reabre a piscina municipal da Fieiteira

15 Marzo 2021


O Concello de Ribeira volverá a abrir as portas da piscina municipal da Fieiteira este martes 16 de marzo co trinta por cento de aforo, como así informou a Concellería de Deportes.
As instalacións estarán dispoñibles no horario habitual anterior ao peche: de luns a venres de 07:00 a 13:30 horas e de 19:30 a 21:30 horas; sábados de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas; e o domingo de 10:00 a 14:00 horas.
Nun principio non será necesario facer reserva previa, establecendo un control de entrada de acceso. Sen embargo, a Concellería de Deportes non descarta habilitar un sistema de reserva nun futuro se fose necesario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.