AMICOS entre as ANPA beneficiarias das axudas de Educación

16 Agosto 2019

20190816.- A asociación barbanzán recibirá da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional preto de mil euros de axuda. O DOG vén de publicar a resolución da convocatoria de axudas para confederacións, federacións e asociacións de nais e pais de alumnado de centros de educación especial, a través da que 35 destas entidades recibirán subvencións para financiar a súa actividade. A relación de beneficiarias pode consultarse na resolución no Diario Oficial de Galicia.

O importe das axudas oscila entre os 925 e os 8.599,23 euros. A convocatoria contaba cunha partida inicial de 60.000 euros ampliada a través da orde do 22 de abril de 2019 (DOG do 26 de abril), polo que o orzamento total  dedicado a esta convocatoria foi de 73.647,69 €. O obxectivo destas axudas é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material e mantemento ordinario das instalacións.

Fogar Residencial da Asociación AMICOS

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.