O PBBI pide mellorar a accesibilidade ao Peirao Fenicio de Aguiño dende a rúa Punta da Barca

05 Marzo 2021

O Grupo Municipal Partido Barbanza Independiente (PBBI) de Ribeira vén de presentar ao pleno unha moción relativa á contorna da Covasa e a necesidade de seguir avanzando na mellora da mobilidade e a accesibilidade nesta zona de Aguiño, de gran importancia ambiental e histórica (ao remate do camiño atópanse os restos do Peirao Fenicio).

O PBBI, a través do seu portavoz Vicente Mariño de Bricio, fai saber que os propietarios das leiras situadas a ambas marxes do camiño de parte da rúa Punta da Barca e chega ao peirao milenario presentaron o 21 de xullo de 2005 no Concello de Ribeira un escrito para comunicar que todos autorizaban a cesión da parte necesaria dos seus terreos “coa finalidade de que se procedese a ensanchar o devandito camiño duns 300 metros de lonxitude, así como que se realizase o arranxo do mesmo, facendo unha rúa para transitar por ela e poder acceder a todas as parcelas”. A cesión baseábase no seu convencemento de que se trata dunha actuación moi beneficiosa para toda a contorna, tanto para acceder ao peirao como para facelo ás praias.

O PBBI lembra que o Concello levou a cabo daquela a ampliación do ancho do devandito camiño, que pasou de 2 a 8 metros, e encargouse de marcar os novos deslindes en cada leira, “quedando perfectamente delimitadas”, aplicando tamén unha capa de saburra (zahorra) para a rodaxe no viario.

O grupo recorda tamén un rogo concreto da veciñanza en relación con estas actuacións: que o Consistorio se comprometera por escrito á reconstrución das leiras amuralladas que foran demolidas para dar forma ao novo deslinde, “para que deste xeito se puidera facer efectiva a cesión do terreo que previamente autorizaron”.

O PBBI fai saber que “despois de transcorrer 16 anos desde a presentación do citado escrito, só se fixo efectiva a cesión nun das marxes, mentres que no outro, concretamente no tramo inicial que se atopa asfaltado, e que é onde se sitúan as parcelas amuralladas, aínda non se fixo efectiva a cesión”.

A plataforma que coordina Vicente Mariño recoñece ter recibido comunicacións dos propietarios das leiras para solicitar que o Concello de Ribeira proceda a asfaltar este camiño e tamén o que conclúe no peirao fenicio (a continuación da rúa do Porto Fenicio). O PBBI di que a veciñanza considera “que se trata dunha actuación necesaria pois hai casas habitadas no treito final do camiño que aínda é de terra, como sucede no caso da rúa da Barca”. Asemade, os propietarios sosteñen que o proxecto suporía proporcionar “un valor engadido ao enclave turístico e paisaxístico que supón o peirao fenicio da Covasa”.

Por todo o devandito, na moción inclúense estas peticións:

· Instar ao Concello de Ribeira a pavimentar con asfalto, ou outro material consistente, todo o ancho de oito metros do camiño duns 300 metros de lonxitude que hai na denominada rúa da Barca, que chega até o Peirao Fenicio, así como no treito final duns 100 metros da rúa do Porto Fenicio que actualmente é de saburra.

· Instar ao Concello de Ribeira a que desenvolva un plan especial de actuación para a posta en valor da contorna paisaxística do histórico muelle da Covasa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.