Prorrógase o convenio de colaboración para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá do CAD

06 Marzo 2021

O Concello da Pobra vén de confirmar a formalización da prórroga (acordada o pasado 24 de febreiro) para o convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de atención temperá entre os Concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro (convenio asinado en orixe no 3 de outubro de 2017). Agora a súa vixencia esténdese ata o día 2 de outubro de 2025.

Amais, acordouse solicitar a subvención ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión de axudas ás entidades locais galegas con vistas á prestación de servizos no marco da Rede autonómica de atención temperá. Deste xeito, desígnase o Concello da Pobra para a xestión e xustificación da achega segundo o previsto na cláusula relativa ás condicións da prestación-xestión compartida.

O Concello da Pobra lembra que o Servizo de Atención Temperá do Centro de Atención Integral á Discapacidade, situado no municipio pobrense, asiste a veciñanza dos tres referidos municipios da comarca. A finais de 2020 a dirección do CAD e a Concellaría dos Servizos Sociais reforzaron o servizo coa contratación dunha nova logopedista. A dita profesional incorporouse ao cadro de persoal composto por outras dúas logopedistas, unha pedagoga (con funcións de coordinación do servizo), unha psicóloga e unha animadora sociocultural.

Outros artigos

A Regata Liga Norte Traiñeiriñas muda o horario para a tarde

A previsión meteorolóxica para esta fin de semana fai que a Regata Liga Norte Traiñeiriñas cambie para o horario da tarde no sábado 4, por ser o momento previsto no que, segundo informou Meteogalicia e confirmaron o Concello da Pobra e o Club de Remo Puebla , agárdase...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...