Brassica Rapa realizará unha ruada por Rianxo este domingo

04 Marzo 2021

A brass band Brassica Rapa realizará unha ruada musical por Rianxo este domingo, 7 de marzo. A proposta enmárcase no programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A banda, composta integramente por mulleres, ofrecerá un espectáculo moi variado que mesturará música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai dende grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas.

Estas artistas recollen influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais. Incluso as compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma Liska, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.