O Concello de Boiro comparte cos hostaleiros as súas medidas principais para reactivar a economía local

04 Marzo 2021

O Concello de Boiro reuniuse este xoves 4 de marzo do sector local da hostalería. O obxectivo da xuntanza foi determinar o control das restricións e as medidas de reactivación para impulsar o despegue económico tralos treitos máis críticos da pandemia. Participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o tenente de alcalde, Luís Ruiz; e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo. Entre outras cousas, acordouse solicitar ao Goberno galego unha nova metodoloxía para a colocación das mesas nos locais.

Na reunión estiveron presentes varios representantes do sector hostaleiro do municipio integrados na Asociación Boirense de Empresarios e tamén os axentes da Policía Local.

Tratáronse medidas que se recollen no Plan de Hostalaría Segura da Consellería de Sanidade para a apertura dos locais e o control das medidas de seguridade, como son o control da capacidade máxima permitida.

Na xuntanza acordouse presentar un escrito conxunto da ABE e o Concello de Boiro á Consellería de Sanidade para a revisión do punto sexto do Plan, o relativo á colocación de mesas, para que se axuste mellor á capacidade máxima do local, deixando colocar maior número de mesas respectando sempre a capacidade máxima e a separación.

O Goberno local presentou tamén aos representantes da hostalería as medias económicas nas que se está a traballar para promover a recuperación económica do municipio. En concreto, falou das dúas medidas principais: por unha banda subvencións directas para os sectores máis afectados polas restricións e, pola outra, un programa de bonos para potenciar o consumo no comercio local.

Na xuntanza os representantes dos hostaleiros tiveron oportunidade de formular as súas dúbidas en canto ás restricións e tamén de transmitir ao Concello as necesidades e demandas do sector neste momento para seguir traballando en conxunto pola recuperación económica do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.