Comezan as obras de mellora nas beirarrúas en Espiñeira (Boiro)

03 Marzo 2021

O Concello de Boiro iniciou as obras de renovación de beirarrúas na zona de Espiñeira. O obxectivo desta actuación é a mellora da seguridade tanto de condutores e viandantes así como da accesibilidade.

As obras permitirán acondicionar o tramo de beirarrúas que leva ao IES de Espiñeira, unha zona moi transitada tanto polos estudantes do centro de ensino como de vehículos pesados e turismo para acceder ao polígono industrial.

A actuación será executada con fondos propios e persoal municipal, que se encargará de dotar á zona de beirarrúas accesibles, pasos de peóns elevados con redutores de velocidade, renovación do alumeado público, canalización de auga e mellora da sinalización viaria e das paradas de autobús existentes na contorna.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.