180.000 euros para reformar o centro sociocomunitario de Muros

02 Marzo 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que a Xunta de Galicia investirá 180.000 euros para reformar o centro sociocomunitario de
Muros. Durante a visita as instalacións, cuxo proxecto se atopa en fase de redacción, a representante do departamento autonómico estivo acompañada da alcaldesa do concello, Inés Monteagudo.
A conselleira de Política Social explicou que o obxectivo da Xunta é continuar traballando para mellorar polo servizos do concello de Muros. Nesta liña, recordou que nos últimos anos se fixeron diferentes melloras no inmoble por un importe de 60.000 euros, centradas na renovación e conservación das carpinterías interiores.
As novas obras que se proxectan céntranse na renovación da cuberta, na mellora das carpinterías da planta baixa, na adaptación dos aseos para persoas con mobilidade reducida e na colocación dun novo sistema de calefacción. Esta adecuación das instalacións procura “mellorar o confort de todos os maiores que acoden a este centro”, salientou a conselleira.
Fabiola García enmarcou estas obras “nunha aposta máis da Xunta de Galicia para continuar traballando no benestar das persoas maiores, que se sintan cómodas vivindo neste concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.