Recollidas algo máis de 118 toneladas de residuos no punto limpo do Polígono da Pobra

26 Febreiro 2021
Minipunto limpo urbano da praza do Concello na Pobra do Caramiñal

O Concello da Pobra vén de facer balance da actividade recente do punto limpo en materia de xestión, recollida e tratamento sustentábel de refugallos. Segundo fai saber a Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), o punto limpo do Polígono da Tomada rexistrou durante 2020 algo máis de 118 toneladas de residuos.

No balance especifícase que a madeira representa o 56% do peso, seguida dos entullos, chatarra, televisións e monitores, aparellos eléctricos, utensilios de frío, voluminosos, lodos de pintura, fluorescentes e envases contaminados.

Medio Ambiente lembra tamén que esta instalación é un lugar onde levar de balde os nomeados desperdicios, en horario de 10.00 a 13.00 horas, de luns a sábado. Ademais, existe un servizo de recollida de voluminosos en puntos próximos aos domicilios mediante un aviso previo no teléfono de contacto 981871808.

Por outra banda, nos dous minipuntos limpos urbanos depositouse durante o pasado exercicio case 1 tonelada de refugallos, dos cales as baterías e pilas constituíron o 60% do peso. Séguenlle os RAEE de pequeno tamaño (cables de móbiles, auriculares etcétera), as lámpadas de baixo consumo, os CD e DVD, os teléfonos móbiles e os cartuchos de impresora.

Un dos referidos colectores atópase fronte ao Consistorio, mentres que o outro sitúase na praza do Emigrante. Trátanse de estruturas verticais con diferentes divisións, onde se especifica a que están destinados cada un. A súa presenza no termo municipal traduciuse en que no xa referido punto limpo do polígono non se rexistrase a entrada deste tipo de residuos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.