Os empresarios da Pobra fan un chamamento a participar na mobilización a prol do sector hostaleiro

23 Febreiro 2021

A Asociación de Empresarios de Pobra do Caramiñal vén de lanzar unha campaña para, nas súas palabras, “reivindicar e esixir un plan de rescate para a hostalería”. A iniciativa S.O.S. Hostalería, que xorde co respaldo de comerciantes e empresarios, é un chamamento de urxencia para pór en marcha medidas reais que eviten o afundimento do sector, e que poña en marcha recursos para axudar a todos os integrantes do ámbito hostaleiro.

A asociación convidou aos negocios en xeral a sumarse á iniciativa e á manifestación popular que se celebra este mércores ás 18.00 partindo dende os semáforos dos Xardíns Valle-Inclán da Pobra até a praza do Concello, “ao obxecto de denunciar a caótica situación do sector hostaleiro” e, tamén, “esixir un plan de rescate específico e xusto”.

Amais, a mobilización diríxese a “reivindicar os establecementos como lugares seguros” e a que non se prosiga criminalizándoos pola crise sanitaria e polos repuntes recentes de contaxio.

A asociación remata o seu comunicado agradecendo o “gran labor da Garda Civil de Boiro, que procedeu á detención e encarceramento de quen, a longo deste último mes, causaron desperfectos e roubos en varios establecementos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.