Boiro continúa coa renovación do alumeado no Corrillo e Boiro de Arriba

22 Febreiro 2021


O Concello de Boiro levou a cabo a renovación do alumeado público na zona do Corrillo e Boiro de Arriba. As anteriores luminarias de vapor de sodio e luz laranxa foron substituídas por luces LED e de cor branca.
Esta actuación mantén a aposta do Concello por mellorar o aforro enerxético e reducir consumos e emisións de CO2. Os núcleos de Treites, Louriño, Brea, Valmaior, Vilariño, Sandrenzo, Comba, Cespón, Nine e Cimadevila foron anteriormente renovados, cun total de 650 luminarias. A estas súmanse as do Corrillo e Boiro de Arriba, e nos vindeiros días as da zona da Ferrería.
As novas luminarias do Corrillo e Boiro de Arriba terán unha potencia 60w, reducindo o consumo eléctrico, ademais de mellorar a nitidez en camiños e estradas. Deste xeito obtense un aforro do 65%, un total de 30.000 euros anuais. Ademais contribuirá á redución da emisión do CO2 en ata 70 toneladas anuais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...