“Pensamentos II”. Manuel Dominguez III

19 Febreiro 2021

Neste mundo, neste momento que nos toca vivir, a plebe paga a entrada para ocupar un asento no patio de butacas, vai gozar “” da obra, paga a súa entrada para permanecer de observante, sen participar en nada dela, mero espectador.
Diante no foso a orquestra, carente de liberdade tocase o que este en o pentagrama, sen saírse unha nota, eles tamén son escravos por un módico salario, e están ás ordes do director, que non é libre ten que dirixir a obra tal como consta no mencionado pentagrama.
No escenario están os actores que interpretan a comedia ou a traxedia tal como aprenderon no guión.
Non son libres de poñer ou quitar unha palabra, exactamente interpretan o guio aprendido.
Todos son escravos do guionista, do autor da obra, así que a primeira vista o único que ten liberdade é o autor da obra, pero non, non é así, o guionista escribiu a obra ás ordes do produtor, do que pon o diñeiro para montar a obra.
A plebe paga, os actores comen, co traballo dos plebeos, pero non todo, pois o dono do teatro levará preto dun 50%, a metade do recadado, o produtor pagase os gastos e quedase co sobrante, despois de pagar o préstamo ao banco, que foi quen puxo o capital.
Mil letras para chegar a esta última palabra O Capital.
A vida é un teatro, uns son observadores, outros actores, pero o capital decide cando é traxedia ou cando comedia.
Só é libre quen observa desde o faiado, ou tamén coñecido como peite ou tear, alí atopábase Quasimodo, observante desde o alto, libre e independente que vía a obra desde a liberdade que lle dá non formar parte dela.
E por iso o observante é criticado, censurado e visto como inimigo por todas as partes da obra.
Os bufóns usaban sabiamente a risa como mecanismo de comunicación. Burlábanse do rei en público, con insolencia e desenvoltura.
Media España dorme, mentres a outra bosteza.

Outros artigos

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...

+

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...