CONGALSA acada os 101 millóns de euros en 2020

17 Febreiro 2021
Ana Rey acompañada do director xeral da empresa, Luis Miguel Simarro e do director comercial Julio Simarro

A empresa CONGALSA, referente da industria alimentaria con sede na Pobra do Caramiñal, vén de compartir dúas importantes informacións relativas á súa actividade recente e ás innovacións que está a poñer en xogo para acadar a excelencia nos seus produtos, sistemas e servizos. En primeiro lugar, a empresa deu a coñecer os datos principais do seu balance de 2020. Segundo destaca, foi quen de acadar os 101 millóns de euros en 2020, unha cifra que supera en 18 millóns a lograda no exercicio previo. En segundo lugar, a compañía da Pobra informou da identidade da persoa distinguida na oitava edición do Premio Ramón Doval, prestixioso galardón que leva o nome do que foi director de Relacións Externas da empresa emprazada no Polígono da Tomada.

O balance

Como dixemos CONGALSA pechou 2020 cunha facturación de 101 millóns de euros. Esta cifra, que supera en 18 millóns á alcanzada en 2019 explícase sobre todo pola adquisición da firma lusa Sulpasteis, que CONGALSA formalizou en febreiro do ano pasado.

Estes datos foron dados a coñecer a través un vídeo corporativo interno a disposición de todo o equipo de traballadoras e traballadoras, a diferenza do que acontecía noutros anos, nos que a compañía da Pobra facía públicos os seus resultados no transcurso dunha gala anual de presentación de obxectivos para o ano entrante (nesta edición a gala foi cancelada “debido ás actuais restricións sociosanitarias”).

O Premio Ramón Doval

O Premio Ramón Doval, que debe o seu nome ao anterior director de Relacións Externas de CONGALSA (xubilado en 2018), alcanzou este ano a súa oitava edición. O recoñecemento, que ao longo deste tempo converteuse nunha homenaxe á persoa que mellor representa os valores corporativos que a compañía quere promover entre os seus traballadores (compromiso coa empresa, respecto polas persoas, orientación ao cliente externo e interno, eficiencia, integridade e ética empresarial, traballo en equipo, orientación á mellora continua, innovación, actitude positiva e respecto polo medio ambiente), foi dar este ano 2021 a Ana Rey Novío, que forma parte do departamento de Recursos Humanos de CONGALSA. “O máis significativo deste premio”, sinalan fontes da compañía, “é que o conceden os propios traballadores nunha votación efectuada en dúas roldas”.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...