Novo número da edición mensual de “O Barbanza”

12 Febreiro 2021

Confinadas e confinados: así imos pasar este Entroido tan atípico, unhas festas de “andar pola casa” e no que se trata de manter vivo o espírito e a ilusión nunha das datas máis significativas do calendario da comarca e de
todo o país.

Trasladar a celebración e o seu significado aos rapaces e os nenos é sen dúbida a idea dos concellos que grazas á Rede tentarán mantelo vivo convidando á xente a disfrazarse.
Obradoiros de conciliación, certames de máscaras, Entroido online, concursos de fotografía, propostas polas redes sociais… e sen esquecer
as actividades que xa desde hai días teñen lugar en moitos colexios da comarca. De todo iso e moito mais falamos nas páxinas da nosa edición mensual de O Barbanza que chega o número 18 e que se reparte de balde en todos los concellos da comarca e pódese ler ou descargar en pdf tamén de balde.

Neste número pasamos revista a este Entroido tan atípico, e ós actos que organizan os concellos. A gastronomía desta época, a literatura da man da obra de Ignacio Lens, os emprendementos da comarca, o cine con Paula Iglesias, novas dos concellos e moitas mais cousas, completan os contidos deste número de “O Barbanza 18“.

O que si, nesta ocasión os ausentes serán o enterro da sardiña, os choqueiros, e a queima do Filipe, pero seguro que o seu espírito estará
presente en nós á espera de que, se todo vai ben, empece a mellorar a situación de pandemia e a vida volva rexurdir.
Seguimos en contacto a diario a través do noso diario dixital “obarbanza.gal” e as nosas redes sociais que mes a mes seguen a medrar
e na que xa somos máis de 36.000 usuarios únicos. Moitas grazas polo apoio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.