“Sociedade galega empobrecida”. José Manuel Pena

11 Febreiro 2021


Asistimos a un empobrecemento da sociedade galega. Un 25,7% da poboación en Galicia atópase en situación de pobreza ou exclusión social, segundo afirman desde a Rede Galega contra a pobreza ( EAPN). Empeoran os que peor xa o están
pasando, pois as persoas en pobreza severa xa son máis de 100.000 homes e mulleres con ingresos inferiores a 332 euros mensuais. E, por primeira vez, a pobreza e a exclusión aumenta nas persoas maiores de 65 anos, unha vez que o 62,9% das pensións están por baixo do limiar da pobreza.
Hai algo máis de cinco anos, España comprometeuse a sacar entre 1,4 e 1,5 millóns de persoas da pobreza e a exclusión, pero a xulgar polos datos do informe elaborado pola EAPN demostran que esta meta non se alcanzará, nin en Galicia nin no conxunto do Estado de manterse as tendencias actuais, moito máis nestes momentos dunha maior crise económica e social
como consecuencia da Pandemia . Outro dato importante que se sinala,
no devandito informe, é que a “creación de emprego xa non é unha garantía de saír da pobreza”, pois moitos dos novos empregos que se crean son precarios ou de baixa calidade, tanto en Galicia como no resto de España.
Por todo iso é cada vez é máis necesaria unha maior vontade política e unhas medidas sociais máis eficaces e acordes coa realidade das persoas. Como se sinala nun informe da Valedora do Pobo, “hai moitas situacións que mellorar, cousas que cambiar e accións que emprender”. Entre elas, actuar para que as axudas por situacións de exclusión social non admiten demoras; se non se coñecen e pagan con prontitude perden o seu sentido.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.