A fachada marítima de Porto do Son devolveralle o mar á veciñanza

04 Febreiro 2021
Porto do Son nunha imaxe antiga na que se aprecia a proximidade das vivendas ao mar

A fachada marítima da vila de Porto do Son está sendo renovada e presentará novos cambios grazas ó proxecto promovido por Portos de Galicia, que conta cun presuposto de 4,8 millóns de euros. Canarga e Abeconsa son as empresas encargadas de dotar ao espazo dunha contorna máis humanizada, máis peonil, máis segura, máis accesíbel e máis próxima ao mar para veciños e visitantes.

O idea da mellora da accesibilidade nace do acordo entre o Concello e COGAMI, entidade de persoas con diversidades presidida polo sonense Anxo Queiruga, que será o encargado de verificar os traballos e as infraestruturas que darán solución aos atrancos da contorna do porto. Así, as obras obrigarán a retirar o hórreo, que será trasladado ao xardín do porto, e o cruceiro, que recuperará o lugar no que está situado até o de agora. “O desarme de ambas estruturas deberá facerse pedra a pedra, de xeito totalmente controlado”, explicou estes días a tenente alcalde, María Maneiro, quen ademais anunciou que un arqueólogo supervisará os traballos mencionados.

Unha imaxe do proxecto de fachada marítima

As obras inclúen a materialización dunha calzada de plataforma única ao longo de toda a avenida de Galicia, de máis de medio quilómetro de lonxitude, até o inicio do espigón. Este novo trazado supón un afastamento do tráfico con respecto das vivendas da fachada marítima.

Amais, intervirase o firme de boa parte das rúas que teñen saída ao peirao, que contarán con pavimento de pedra até o mar, cruzándose perpendicularmente coa avenida de Galicia con treitos para peóns. “Isto permitirá un maior aproveitamento e desfrute dos veciños na franxa litoral”, sinalou recentemente o Concello.

A renovación da fachada marítima, que comezou co inicio do outono coa construción que dará acubillo ás novas sedes do Club de Xubilados e o Club Náutico, teñen un prazo de execución de dezaoito meses. As obras colleron un importante impulso trala pausa motivada pola festividade do Nadal, polo que dende o Concello estiman que a nova fachada marítima de Porto do Son estea rematada para a tempada estival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.