Durante a xornada do xoves a comarca e Galicia atoparase nunha área atmosférica bastante estable, polo que apenas agardamos precipitacións, agás algúns chuvascos illados en puntos do oeste; no resto teremos en xeral un ambiente de nubes e claros. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará de compoñente sur virando a norte ao final do día.
Na nosa costa: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
A rúa da Agriña, en Palmeira (Ribeira) contará cunha renovada rede de abastecemento e pavimentación unha vez finalicen as obras que comezaron nesta semana en dita vía da parroquia de Palmeira. O Concello de Ribeira executa estas obras para seguir mellorando as...
O Concello de Boiro habilitou na páxina web municipal un mapa interactivo para coñecer os distintos investimentos que se teñen realizado nos distintos núcleos do termo municipal. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Administración Xeral, Raúl Treus,...
Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...
Novos artistas formáronse nestes días no Museo do Gravado de Artes (Ribeira) asistindo ao segundo curso de gravado mural ofertado polo centro despois da incorporación dun tórculo grande grazas á ampliación do taller. A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, participou...
Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...
«O verdadeiro tempo só pode ser perdido», escribiu a filósofa Anne Dufourmantelle. Hoxe, unha xeración enteira intenta gañarlle a partida ao reloxo fuxindo cara ao lúgubre baleiro. Imaxinemos que, nun futuro afastado, a humanidade logra construír unha máquina do...