En Rianxo, Laboral Arroupa e Cáritas recolleron 25.888 quilos de roupa

03 Febreiro 2021

No concello de Rianxo vénse de facer balance do volume de roupa recollido pola empresa Laboral Arroupa Santiago a través dos contedores (catro recipientes específicos de cor vermella que se suman, en Rianxo, aos acubillos doutra iniciativa de carácter solidaria: os de Equus Zebra) habilitados no termo municipal. En total, estamos a falar de 25.888 quilos acumulados para fins sociais.

O Concello lembra que se trata dunha iniciativa laboral de Cáritas Santiago e que, segundo as cifras que manexa a entidade social, este ano superáronse en 238 quilos o volume de prendas xuntado en 2019, co engadido de extra de terse liberado aos contedores orgánicos dun importante volume de tecidos que pode ter unha nova vida ou seren reciclados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión