Rianxo acollerá o 6 de febreiro a presentación do libro sobre Castelao de Miguel Anxo Seixas

28 Xaneiro 2021

A presentación do libro Castelao, construtor da nación celebrarase o sábado 6 de febreiro no centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo. O autor, Miguel Anxo Seixas Seoane, expoñerá o seu libro das 12:00 ás 13:00 horas.

A obra Castelao, construtor da nación conta de forma biográfica a historia de Castelao dende a Segunda República e a Guerra Civil. O libro aporta diversa documentación de carácter investigador, así como datos cronolóxicos. Sen embargo, o que máis resalta nel é o papel de Castelao como home fundamental para a construción da nación galega.

Ademais do autor, asistirán ao evento outros persoeiros como o profesor e académico Francisco Rei, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...