Medio Ambiente recolle a singularidade dos núcleos históricos de Muros e Noia nunha publicación

19 Xaneiro 2021


O libro A paisaxe do tempo, que foi presentado pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, expón a singularidade de trinta núcleos menores de Galicia, cos que se pon en valor a súa riqueza paisaxística, entre os que se atopan os de Muros e Noia.
A publicación trátase dun traballo de investigación, análise, estudo e divulgación sobre a evolución urbanística, territorial, paisaxística e a vivenda deste núcleos que foron pezas importantes da rede urbana, a pesares de non rexistrar o desenvolvemento dunha cidade.
O libro permite coñecer as diferentes tipoloxías de cascos históricos, como por exemplo as vilas itinerarias (agregación das edificacións, vinculadas a un itinerario de paso ou a un camiño previamente existente), ou como pode ser o caso de Muros, unha vila mariñeira, moi ligada ao sector pesqueiro, cun casco antigo fermoso que mantén vivendas tradicionais dos mariñeiros
compostas por baixos con arcos apuntados, onde se apeaban as caixas do peixe que as mulleres preparaban mentres os homes arranxaban os aparellos de pesca.
A paisaxe do tempo é, pois, unha investigación histórica sobre o pasado das vilas e a problemática dos tecidos residencias e o valor cultural destes núcleos históricos. A conselleira de Medio Ambiente afirma que a sociedade galega está cada vez máis sensibilizada e un maior uso sostible do territorio que foi mellorando co paso dos anos.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.