Construído un novo muro no patio do EEI Fernández Varela da Pobra

13 Xaneiro 2021

A Concellaría da Educación da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), comunica que se construíu un novo muro na parte traseira do EEI Fernández Varela, concretamente, na zona do patio.

A dita intervención foi executada por Constrios S.L. e o investimento ascendeu a 11495 euros, IVE incluído. O proxecto, segundo informa o Concello, supuxo a desmontaxe, a provisión e a nova colocación da varanda metálica existente; a demolición e retirada dos entullos do muro anterior a un vertedoiro autorizado; o emprego de formigón HA-25 e aceiro B500S en formación de muros; o subministro e colocación de piar en pedra; e a dotación e instalación dunha porta peonil de aluminio soldado e lacado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.